Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
domingo, 21 de agosto de 2011
miércoles, 24 de noviembre de 2010
Portal Galego de Adopcións
Santiago, 24 de novembro.- O portal galego de adopcións da Xunta de Galicia, http://adopcions.xunta.es, está desde hoxe a disposición daquelas persoas que precisen información sobre este proceso ou para realizar determinados trámites permitidos por vía telemática. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe esta nova ferramenta na que se ofrecerá unha información útil, práctica e actualizada a todas aquelas persoas que estean pensando en adoptar, se atopen no proceso o mesmo xa o completaran.O que o Goberno galego pretende con esta iniciativa é facilitar de primeira man á cidadanía galega todos os datos que se precisan para levar a cabo o proceso de adopción. “O que pretendemos é que se coñezan os pasos que hai que seguir e como funciona o sistema”, apuntou Mato.
Así mesmo, o novo portal permitirá a xestión telemática de certas fases do proceso de adopción, xa que a través do portal poderase facer a descarga da documentación necesaria para iniciar o proceso de adopción. A conselleira resaltou que Galicia é a segunda autonomía de todo o Estado en poñer en funcionamento esta iniciativa.
A ferramenta telemática inclúe, ademais da información de todo o proceso, os países nos que se poden adoptar e as entidades colaboradoras acreditadas en Galicia, bibliografía, e incluso unha guía práctica para saber onde obter a documentación necesaria e onde dirixir a solicitude en base ás características dos solicitantes. Tamén se proporciona acceso a un apartado de novas, así como ás páxinas web de organismos oficiais e internacionais e asociacións relacionadas con este tema, tanto en Galicia como nos países de orixe dos posibles menores a adoptar.
“O que se pretende é proporcionar elementos de reflexión sobre o alcance da súa decisión confrontando as súas expectativas coa realidade, informar sobre o proceso legal e dar resposta ás preguntas máis habituais dos solicitantes”, detallou Mato.
Ademais, as persoas solicitantes dunha adopción e tamén aqueles que xa a realizaran terán acceso actualizado en calquera momento ao seu expediente.
Guía interactiva
Unha das novidades salientables deste portal de adopcións inclúe unha guía interactiva a través da que os usuarios da ferramenta poden facer unha simulación para coñecer, segundo as suas características, os países onde poden solicitar a adopción, así como os requisitos que se piden en cada un dos casos.
“O que queremos é, en definitiva, facer unha adopción máis accesible co acceso permanente e actualizado aos datos e para derrubar as barreiras que existen sobre a adopción, a desinformación en primeiro lugar e tamén a crenza de que é un proceso complicado ou reservado a uns poucos”, indicou a responsable da Consellería.
Neste sentido, Mato explicou que o Goberno galego seguirá a defender a adopción como “unha vía idónea” para garantir aos menores unha familia na que se poidan desenvolver nunhas condicións óptimas de benestar [...]
Datos de adopcións
Galicia rexistrou, durante o primeiro semestre de 2010, a formalización de preto de 160 adopcións, si se teñen en conta os autos de adopción nacionais (25) e as preasignacións internacionais (132). Ademais, hai que ter en conta que das 34 propostas de adopcións realizadas neste período (34), once foron de recen nados.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, recibiu durante este período de tempo un total de 279 solicitudes de adopcións nacionais e internacionais.
Por países, a maior parte das presasignacións corresponderon a adopcións de nenos e nenas de Etiopía (46 solicitudes); de Vietnam (27); de China (21); e de Colombia (15). Con todo, tamén se xestionaron expedientes de rapaces e rapazas de Kazajstán, Nepal, Ucraína, Rusia, Hungría, Filipinas ou Bulgaria.Fonte: Xunta de Galicia
Etiquetas:
Adopción,
Galicia,
noticias adopción,
Papeleo,
Política
lunes, 15 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)