Lilypie Kids Birthday tickers
Lilypie Third Birthday tickers

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Portal Galego de Adopcións

Santiago, 24 de novembro.- O portal galego de adopcións da Xunta de Galicia, http://adopcions.xunta.es, está desde hoxe a disposición daquelas persoas que precisen información sobre este proceso ou para realizar determinados trámites permitidos por vía telemática. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe esta nova ferramenta na que se ofrecerá unha información útil, práctica e actualizada a todas aquelas persoas que estean pensando en adoptar, se atopen no proceso o mesmo xa o completaran.
O que o Goberno galego pretende con esta iniciativa é facilitar de primeira man á cidadanía galega todos os datos que se precisan para levar a cabo o proceso de adopción. “O que pretendemos é que se coñezan os pasos que hai que seguir e como funciona o sistema”, apuntou Mato.
Así mesmo, o novo portal permitirá a xestión telemática de certas fases do proceso de adopción, xa que a través do portal poderase facer a descarga da documentación necesaria para iniciar o proceso de adopción. A conselleira resaltou que Galicia é a segunda autonomía de todo o Estado en poñer en funcionamento esta iniciativa.
A ferramenta telemática inclúe, ademais da información de todo o proceso, os países nos que se poden adoptar e as entidades colaboradoras acreditadas en Galicia, bibliografía, e incluso unha guía práctica para saber onde obter a documentación necesaria e onde dirixir a solicitude en base ás características dos solicitantes. Tamén se proporciona acceso a un apartado de novas, así como ás páxinas web de organismos oficiais e internacionais e asociacións relacionadas con este tema, tanto en Galicia como nos países de orixe dos posibles menores a adoptar.
O que se pretende é proporcionar elementos de reflexión sobre o alcance da súa decisión confrontando as súas expectativas coa realidade, informar sobre o proceso legal e dar resposta ás preguntas máis habituais dos solicitantes”, detallou Mato.
Ademais, as persoas solicitantes dunha adopción e tamén aqueles que xa a realizaran terán acceso actualizado en calquera momento ao seu expediente.

Guía interactiva
Unha das novidades salientables deste portal de adopcións inclúe unha guía interactiva a través da que os usuarios da ferramenta poden facer unha simulación para coñecer, segundo as suas características, os países onde poden solicitar a adopción, así como os requisitos que se piden en cada un dos casos.
O que queremos é, en definitiva, facer unha adopción máis accesible co acceso permanente e actualizado aos datos e para derrubar as barreiras que existen sobre a adopción, a desinformación en primeiro lugar e tamén a crenza de que é un proceso complicado ou reservado a uns poucos”, indicou a responsable da Consellería.
Neste sentido, Mato explicou que o Goberno galego seguirá a defender a adopción como “unha vía idónea” para garantir aos menores unha familia na que se poidan desenvolver nunhas condicións óptimas de benestar [...]

Datos de adopcións
Galicia rexistrou, durante o primeiro semestre de 2010, a formalización de preto de 160 adopcións, si se teñen en conta os autos de adopción nacionais (25) e as preasignacións internacionais (132). Ademais, hai que ter en conta que das 34 propostas de adopcións realizadas neste período (34), once foron de recen nados.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, recibiu durante este período de tempo un total de 279 solicitudes de adopcións nacionais e internacionais.
Por países, a maior parte das presasignacións corresponderon a adopcións de nenos e nenas de Etiopía (46 solicitudes); de Vietnam (27); de China (21); e de Colombia (15). Con todo, tamén se xestionaron expedientes de rapaces e rapazas de Kazajstán, Nepal, Ucraína, Rusia, Hungría, Filipinas ou Bulgaria.

Fonte: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario